Pazos de Arenteiro

Pazos de Arenteiro é o único Conxunto Histórico- Artístico dende 1973 que existe no rural galego sendo un dos 27 centros históricos de Galicia. Pazos de Arenteiro é unha das xoias mellor conservadas no que a arquitectura galega se refíre, está formado por unha igrexa románica, un conxunto de pazos e casonas importantes e dúas pontes de orixe medieval.

Pazos de Arenteiro pode presumir de ser un lugar con 1000 anos de historia documentada. A primeira referencia aparece en 1158 no testamento ou carta de doazón dada pola abade Pelagio Gonçálvez ao seu mosteiro de San Clodio. Neste documento déronlle o nome de Palacios de Argentario.

esplendor desta vila veu por un lado primeiro dende o século XII  pola Orde do Santo Sepulcro e en 1542 pola Encomenda de San Xoán de Xerusalén a auténtica dinamizadora da vida socioeconómica desta parroquia e xa no século XVI o favorable comercio do viño, que aportan gran benestar económico o que da lugar a un cambio no urbanismo produto do esplendor que Pazos acadará en época barroca.

igrexa románica de San Salvador, s. XII, é un impoñente edificio. No seu interior destaca o Retablo dos Aroúxeles do Mestre de Sobrado e  a Virxe do Leite do s. XVI. No exterior a portada románica é un gran expoñente deste estilo ao igual que a ábsida e a portada renacentista.

Visitar: Concello de Boborás.