Principia cabo da igrexa parroquial de San Miguel de Bidueira, unha xoia da arquitectura barroca do S. XVIII coñecida popularmente como a «Catedral das Terras de Manzaneda». Seguindo o río Requeixo chégase á aldea abandonada de Prada, que conserva parte da Capela de San Bartolomeu, así como varias das súas tradicionais casas de alta montaña, que na actualidade son utilizadas como refuxio invernal para o gando. Ademais, pódese contemplar unha excelente panorámica sobre o Circo Glaciar de Prada, que data de entre 50.000 e 10.000 anos atrás e que someteu estas montañas da Serra de Queixa e O Invernadeiro a un proceso de abrasión glaciar. (da páxina do concello)
Unha ruta moi agradable que en outono remarca aínda máis a beleza desta zona oriental da provincia de Ourense. e no regreso ao pobo de Manzaneda acercarémonos ata o souto de Rozabales, donde atoparemos un dos arbores senlleiros de Galicia, o castiñeiro de Pumbariños.
Recomendo facer tamén a ruta circular dos Soutos de Cesuris.
Distancia: 17,23 kms.
Tiempo: 4 horas, 41 minutos.
Circular
Enlace a Gpx: Val do Prada